Efervesciencia

de Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os mércores ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

Episodios

Chamamento para salvar a noite [Guía do Ceo]

por Efervesciencia

A comunidade astronómica, amadora e profesional, está moi preocupada co borrador de "Real Decreto de eficiencia energética y reducción de la contaminación lumínica". O noso estreleiro, Martin Pawley, debulla o Real Decreto e fai unha chamada á acción cidadadá para presentar alegacións no periodo de audiencia pública ata o 30 de setembro de 2021. Os nosos ceos poden estar en perigo. Un posible modelo de alegación http://agrupacionio.com/propuesta-de-alegaciones-para-la-consulta-publica-del-prd-de-eficiencia-energetica-y-reduccion-de-la-contaminacion-luminica/

Efer 569 (24-9-21): Especial G-Night en directo desde o Tinglado

por Efervesciencia

Programa especial en directo desde o Tinglado do Porto de Vigo dedicado á G-Night, a Noite Europea das Persoas Investigadoras en Galicia. Contamos con Mónica Valderrama (Vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais da Universidade de Vigo), Paula Tosar (Gradiant), Victoria Besada (IEO), Fernando de Peroy (SpaceLan Uvigo), Lucía Viñas (IEO), Esther Román (IEO), Luisa Martínez (CSIC-Galicia, IIM). E ademais tomamos o pulo das actividades da G-Night en Santiago, Coruña, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo da man respectivamente de José Costoya, Cristina Naya, Mª Isabel Doval, Juan Picos, Anne Gosset e Mercedes Novo. www.efervesciencia.org www.gnight.gal

Guía do Ceo de Verán 21 desde Trevinca

por Efervesciencia

[Versión estendida] Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán. Aquí tedes o pdf que complementa a explicación dos nosos estreleiros. https://www.slideshare.net/anoiteenecesaria/o-ceo-do-vern-efervesciencia-2021

Efer 568 (14-7-21): Begoña Vila: O sprint final do telescopio James Webb

por Efervesciencia

(2:01) Logo de máis de dúas décadas cada vez está mais próximo o lanzamento do telescopio espacial James Webb que esta chamado a substituír ó xa mítico telescopio espacial Hubble. Coñeceremos tódolos detalles do James Webb en conversa desde os Ángeles coa enxeñeira de sistemas da nasa Begoña Vila en compaña do noso Martin Pawley. (26:57) O robot social NETA V3A da a benvida aos visitantes da exposición “Galicia Futura”. No seu deseño participou Alberto Montiel (FrutoDS). María José Mariño cóntanos a novidade da convocatoria “Deseña PEME” da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (32:40) Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán. Aquí tedes o pdf que complementa a explicación dos nosos estreleiros. https://www.slideshare.net/anoiteenecesaria/o-ceo-do-vern-efervesciencia-2021

Efer 576 (7-7-21): Biomateriais de descartes de tiburón. Premios á transferencia da RAGC.

por Efervesciencia

A semana pasada entregáronse os premios á transferencia tecnolóxica en Galicia2021 que convoca a Real Academia Galega de Ciencias co apoio do Gain, a Axencia Galega de Innovación. Neste monográfico de Efervesciencia coñeceremos os gañadores nas tres modalidades deste premio que recoñecen respectivamente ás investigacións aplicadas a cargo de grupos de investigación galegos con algo potencial de transferencia, os casos de éxito de grupos de investigación que conseguiron levar ó mercado ó seu coñecemento, e finalmente, o éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida. Deste xeito conversamos con Manuel Lemos, (catedrático de microbioloxía da USC do grupo de microbioloxía en acuicultura) (2:03), Pío González (Catedrático de física aplicada da Universidade de Vigo) (9:31) e Esteban Vázquez (Alice Biometrics) (32:43). "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na segunda colaboración Alba analiza a frase "A selección natural sempre actúa ao noso favor" coa participación catedrática de xenética da Universidade de Vigo Paloma Morán.

Efer 566 (1-7-21): Monográfico: A consolidación da biotecnoloxía en Galicia

por Efervesciencia

Ao fío da presentación da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxia en Galicia 2021-25 por parte da Axencia Galega de Innovación (GAIN) preparamos un monográfico para escoitar as diferentes voces do ecosistema de innovación galego. (2:55) Patria Fernández, directora da área de Servizos do GAIN, e Carme Pampin, Clúster Tecnóloxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) (30:17) Sonia Martínez Arca (Celtarys), Manuel Lolo (Ams Labs) e Juan Buela (Sun Rock Biopharma) www.efervesciencia.org

Efer 565 (24-6-21): Moncho Núñez, premio de divulgación da RAGC

por Efervesciencia

(2:02) “Atragoamento, tusir e Heimlich”, Terceira entrega da sección “Saber por se acaso” dedicada aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala e Antonio Rodríguez (USC). (15:44) Sempre vale a pena escoitar as reflexións do divulgador Ramón Núñez. Nesta ocasión aproveitamos a concesión do I Premio de Divulgación da Real Academia Galega de Ciencias para conversar co creador dos Museos Científicos Coruñeses. (34:36) Estreamos sección con Laura Veiga, pingando.gal, sobre o ciclo menstrual respondendo a cuestión de se se pode predicir a primeira regra. www.efervesciencia.org

Efer 564 (17-6-21): O tesouro ecolóxico da Serra do Careón e a autovía A-54

por Efervesciencia

(2:09) Facemos un trávelin-sonoro-botánico co investigador Roi Carballal do Grupo de Análise e Conservación da Biodiversidade da USC desde os seus invernadoiros ata o laboratorio da Facultade de Farmacia atravesando o campus sur da universidade compostelá. Atopámonos tamén co botánico Tino Quintela. Coñecemos o proxecto de estudo das plantas endémicas dun ecosistema tan singular como os chans serpentínicos da Serra do Careón. Un ecosistema afectado pola autovía A-54. (31:36) O proxecto de ciencia cidadá GaliciaBMS recolle datos de bolboretas a partir de paseos de voluntarios polo campo. Falamos con Marta Vila e Lorena Rilo da UdC e con Saba González que coordina BMS en Galicia. www.efervesciencia.org

Efer 563 (10-6-21): Paso de xigante na comunicación cuántica con @osondasideas

por Efervesciencia

(2:10) Introducimos a nova sección “Mitos da Evolución” con Alba López e Marta Vila, profesora de xenética da Universidade de A Coruña. (8:09) "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación. (18:45) Unha das últimas portadas de Nature ilustra a creación dun revolucionario repetidor cuántico desenvolvido no Instituto de Ciencias Fotónicas de Barcelona. Este traballa forma parte da tese de doutoramento de Darío Lago, @osondasideas, que nos explica en detalle como se levou a cabo o experimento. (44:10) O programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN) permite reter e captar talento investigador. Tanto de investigadores que teñen obtido proxectos do Consello Europeo de Investigación (ERC) como aqueles que queren concursar con éxito a estes prestixiosos proxectos. No primeiro caso está o investigador do CIMUS-USC Rubén Nogueiras que nos conta as súas investigacións en obesidade. www.efervesciencia.org  

Efer 562 (3-6-21): Sen a ciencia de datos non podes gañar ao fútbol

por Efervesciencia

(4:11) Martin Pawley danos todas as claves para eclipse solar do 10 xuño. Á única nesta década que caerá en horario lectivo. (18:29) Ezequiel Rey, investigador do grupo REMOSS na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, é especialista en datos de deportes colectivos, especialmente o fútbol. Para as súas investigacións dispón dos datos exclusivos que rexistra o sistema multicámara da Liga Nacional de Fútbol Profesional. Como inflúe a idade no rendemento dun futbolista? Cal é o mellor minuto para cambiar os xogadores? Como avaliar o rendemento dos futbolistas? Estas son algunhas das preguntas sobre as que pesquisa o noso convidado. (44:03) Acompañamos a Jenifer Espadasín, Berta Rial e Carmen Bouzas do proxecto de divulgación da ciencia de datos “StatWars: O imperio dos datos” da rede Biostatnet a un sesión coa rapazada do IES de Sar en Santiago de Compostela. www.efervesciencia.org

Efer 561 (27-5-21): Grecia clásica: Deusas, mulleres, mitoloxía, menstruación

por Efervesciencia

(2:40) A xornalista Laura Veiga é a impulsora de pingando.gal. Vén de ser seleccionada para presentar o seu proxecto de divulgación sobre o ciclo menstrual en Ciencia en Redes 21. (17:56) Presentamos a Feira Científica Galiciencia coa técnica de Tecnópole Sabela Bouza e cos divulgadores Andrea Muras, @cienciamiuda, e David Ballesteros. (27:40) Susana Reboreda, decana e profesora titular da Facultade de Historia de Ourense da Universidade de Vigo, é experta en mitoloxía grega e o papel da muller na antiga Grecia. www.efervesciencia.org

Efer 560 (20-5-21): Anatomía da batalla dos aerosois con José Luis Jiménez e Sonia Villapol @jljcolorado @svillapol

por Efervesciencia

(4:56) A axencia espacial chinesa chega a Marte. Nolo conta Javier Pedreira “Wicho” (17:23) Debullamos a “guerra do aerosois” que tivo lugar na comunidade científica á hora de encarar o esparexemento da Covid. Contamos coa testemuña en primeira liña de José Luis Jimenez, catedrático de Química e Ciencias Ambientais da Universidade de Colorado, con quen conversamos coa axuda da neurocientífica Sonia Villapol (Texas Médical Centre). www.efervesciencia.org

Efer 559 (13-5-21): Debate con cinco economistas mulleres que investigan a desigualdade

por Efervesciencia

(0:00) Intro da Avoa de Einstein: o coche eléctrico e Elinor Ostrom. (5:14) ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por investigadores das tres universidades galegas, e especializado no estudo da económica, social e ambiental. económico coma ambiental e social. No Museo do Mar de Vigo ECOBAS vén de organizar o debate “A Ciencia ten nome de muller” onde cinco economistas mulleres comparten as súas investigacións e reflexións sobre a desigualdade de xénero. Elas son María Loureiro (Investigadora da USC, investigadora honorífica da UVigo e Directora Científica de ECOBAS), Coral del Río (Investigadora da UVigo experta no estudo da desigualdade), Emma Iglesias (Investigadora da UDC, directora do departamento de Economía) e Amaia Palencia (investigadora de predoutoramento na UVigo, grupo Equalitas). www.efervesciencia.org

#MitosEvolución 2: A selección natural sempre actúa ao noso favor?

por Efervesciencia

"Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na segunda colaboración Alba analiza a frase "A selección natural sempre actúa ao noso favor" coa participación catedrática de xenética da Universidade de Vigo Paloma Morán.

#MitosEvolución 1: Descendemos dos monos? (convidado JM Bermúdez de Castro)

por Efervesciencia

"Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación.

Unha eclipse de sol para ver na escola e no traballo [Guía do ceo]

por Efervesciencia

Na vindeira década teremos 6 eclipses de sol en Galicia, pero o do 10-6-21 será o único que coincida en horario escolar. Martín Pawley cóntanos todos os detalles. Folleto da Agrupación IO http://agrupacionio.com/gl/materiales-didacticos/

Efer 558 (6-5-21): César de la Fuente, ordenadores e bioenxeñería contra as superbaterias

por Efervesciencia

(0:01) Introdución da Avoa de Einstein con Juanjo Fernández ao piano (3:38) Aberta a nova edición do concurso de relatos de inspiración científica “Inspiraciencia”. Recuperamos o relato de José de la Sota gañador en 2015. https://inspiraciencia.es/gl/ (6:37) O biotecnólogo galego César de la Fuente con só 35 anos leva gañado unha chea de prestíxiochos premios ó longo da súa carreira. O último deles o Premio Princesa de Girona de Investigación 2021. De la Fuente lidera o grupo “Machine Biology Group” da Universidade de Pensilvania onde emprega os ordenadores para desenvolver péptidos con capacidade antibiótica mellorando os que existen na natureza ou evolucionándoos “en silicio”. As liñas de investigación de César de la Funte están na vangarda da loita contra as bacterias resistentes aos antibióticos. O seu grupo tamén está desenvolvendo test rápidos, eficaces e baratos de producir para a covid. (39:35) Probablemente o primeiro caso documentado de guerra biolóxica tivo lugar con virus da varíola. O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta cóntanos na súa sección “Historias de virus: habelos hainos” parte da historia da varíola.

Efer 557 (29-4-21): A arqueoloxía pescuda as orixes dos estados fallidos do Corno de África

por Efervesciencia

(2:23) Na idade media o Corno de África era un lugar próspero. Actualmente é o paradigma dos estados fallidos, fame e piratería. Que pasou entremedias? O investigador do INCIPIT-CSIC, Jorge de Torres, gañou un prestixioso proxecto Starting Grant do ERC (Consello Europeo de Investigación) para aproximarse a esta pregunta. Deste xeito neste 5 anos o proxecto “StateHorn” analizara o territorio, os asentamentos, a cultura material, as tradicións e a literatura desta zona do mundo. Jorge de Torres participa no programa Oportunius de retención de talento investigador do GAIN (Axencia Galega de Innovación). (22:13) Os 93 anos finou o catedrático emérito de Historia da Universidade de Sevilla José Luis Comellas. Este ferrolán foi todo un mestre para a comunidade de astrónomos afeccionados en España. Especialmente pola publicación da súa “Guía del Firmamento”. Conversamos co seu sobriño-neto Eduardo Díaz Comellas e co astrónomo Borja Tosar. (38:23) “Cultivando na auga: tradición e innovación” é un documental que recolle o estado da investigación e explotación da acuicultura en Galicia. Este documental é unha iniciativa da rede de investigación Inmunogenom na que participa Paulino Martínez (Grupo Acuigen da USC) e Carlos Pereira Dopazo (Director do Instituto de Acuicultura da USC). https://youtu.be/dUfB7Wh7Vk0

As cebras "avatar" de Pelayo

por Efervesciencia

Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón que lidera o grupo Zebrabiores. Este non é o primeiro peixe zebra “avatar” co que traballan, pero este proxecto de investigación ten unha significación moi especial para ambas investigadoras. Ademais teñen lanzado unha campaña de micromecenado desde precipita.es. https://www.precipita.es/proyectos/Pelayo-y-el-pez-cebra-ayudan-en-la-investigacion-de-las-enfermedades-raras--

Efer 556 (22-4-21): Mitos e realidades da minaría romana en Galicia

por Efervesciencia

(2:57) As salinas e as minas romanas que temos en Galicia axudan aos arqueólogos a estudar o noso pasado. No caso das minas o imaxinario popular de todos nós está inzado de mitos que non corresponden coas evidencias históricas. Brais Currás, investigador do Instituto de Historia do CSIC; lémbranos que a romanización foi un fenómeno de interaccións mutuas entre os romanos e os locais. (32:41) Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón que lidera o grupo Zebrabiores. Este non é o primeiro peixe zebra “avatar” co que traballan, pero este proxecto de investigación ten unha significación moi especial para ambas investigadoras. Ademais teñen lanzado unha campaña de micromecenado desde precipita.es. https://www.precipita.es/proyectos/Pelayo-y-el-pez-cebra-ayudan-en-la-investigacion-de-las-enfermedades-raras--

"Os obxectos masivos no interior das galaxias poderían ser estrelas de bosóns" Juan Calderón Bustillo [Versión estendi

por Efervesciencia

[Versión estendida] As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta observación en colaboración con investigadores da Universidade de Aveiro. De se confirmar esta interpretación, o sinal correspondería á colisión de dous obxectos exóticos, e ata agora nunca vistos, as estrelas de bosóns. E como derivada adicional, estas estrelas de bosón propostas poderían dar pistas sobre a esquiva materia escura. Calderón mesmo deixa aberta a posibilidade de que os obxectos supermasivos no centro das galaxias sexan en vez de buratos negros estas hipotéticas estelas de bosóns.

Habitantes microscópicos dos nosos fogares con @debelbi [Ciencia para andar por casa]

por Efervesciencia

Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa.

Efer 555 (15-4-21): Son as ondas gravitacionais as chaves para entender a materia escura?

por Efervesciencia

(3:25) Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa. (14:10) As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta observación en colaboración con investigadores da Universidade de Aveiro. De se confirmar esta interpretación, o sinal correspondería á colisión de dous obxectos exóticos, e ata agora nunca vistos, as estrelas de bosóns. E como derivada adicional, estas estrelas de bosón propostas poderían dar pistas sobre a esquiva materia escura. Calderón mesmo deixa aberta a posibilidade de que os obxectos supermasivos no centro das galaxias sexan en vez de buratos negros estas hipotéticas estelas de bosóns. (42:43) A que sabe Luis Seone? O artista Fran Quiroga artella un ensaio arte-ciencia na Fundación Luis Soane coa participación da spin off da Universidade de Santiago TasteLab. Conversamos con Fran Quiroga e Andrés Martínez Sánchez de TasteLab.

Megaconstelacións, ceo nocturno e gobernanza espacial con Salvador Bará [Versión estendida]

por Efervesciencia

[Versión estendida] Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A conclusión fai pensar, o modelo indica que xa non quedan en toda a terra ceos prístinos sen contaminación luminosas por culpa dos obxectos artificiais que orbitan o noso planeta.

Identificar paxaros de oído ou con aplicación [Paxaros na cabeza]

por Efervesciencia

O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante.

Efer 554 (8-4-21): Acabou o lixo espacial cos ceos máis escuros do planeta?

por Efervesciencia

(2:50) O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante. (16:36) Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A conclusión fai pensar, o modelo indica que xa non quedan en toda a terra ceos prístinos sen contaminación luminosas por culpa dos obxectos artificiais que orbitan o noso planeta. www.efervesciencia.org

Guía do ceo de primavera 2021 partindo de cero

por Efervesciencia

Se queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://tinyurl.com/guiaceoprimavera21

Efer 553 (1-4-20): Os vascos xeneticamente son marcianos? Microdiversidade xenética en Euskal Herria e Galicia

por Efervesciencia

(3:12) Se queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://1drv.ms/b/s!AumGabMIeX6emOl05xgmnBj7W5WZdQ?e=QurNir (22:14) Recentemente apareceron titulares na prensa salientando o “estudo definitivo” da singularidade xenética do vascos. Sen contexto estás informacións levan a equívocos e falsos estereotipos. O artigo científico en cuestión foi publicado en Current Biology e o seu primeiro autor é o xenetista galego André Flores Bello, investigador de postdoutoremento no Instituo de Bioloxía Evolutiva CISC-UPF. O último asinante do paper é o investigador do mesmo centro David Comas. Con eles dous e coa nosa colaboradora Marta Vila debullamos o que ten de diferente na realidade a xenética dos vascos, e de paso tamén a dos galegos. www.efervesciencia.org

Efer 552 (25-3-21) A divulgación científica en Galego chega a Twitch: Ecos de xigantes

por Efervesciencia

[2:34] Desde Madrid e Barcelona un ambientólogo, unha inmunóloga e un físico cuántico veñen de poñer en marcha a primeira canle de divulgación científica en galego na plataforma twitch: Ecos de Xigantes. Eles son Diego Ferraz @dferrazc, Carmela Cela @Biochemiss, e Dario Lago @osondasideas. Conversamos sobre esta iniciativa e os proxectos de divulgación persoais de cada un deles, como son Naturiza no Salto Diario ou a canle de Youtube “O son das Ideas”. [27:54] Martin López Nores é un enxeñeiro profundamente humanista. Este investigador de AtlantTic da Universidade de Vigo lidera o proxecto europeo rurALLURE H2020 de promoción dos museos rurais na contorna das rutas europeas de peregrinaxe. www.efervesciencia.org

Unha arma biolóxica na despensa. A historia das latas [Ciencia para andar por casa con @dabelbi]

por Efervesciencia

Unha lata de conservas chea de toxina botúlica ten un potencial letal que podería matar a un poboación de 6 millóns de habitantes. Este é un dos fascinantes datos que nos conta Bibiana García Visos en este “Ciencia para andar por casa” dedicado a las latas de convervas.

Efer 551 (18-3-21): Un caldeireiro e unha sismóloga estelar: Obxectivo cazar exoplanetas

por Efervesciencia

[3:15] Un lata de conservas chea de toxina botúlica ten un potencial letal que podería matar a un poboación de 6 millóns de habitantes. Este é un dos fascinantes datos que nos conta Bibiana García Visos en este “Ciencia para andar por casa” dedicado a las latas de convervas. [11:28] A astrosismóloga estelar galega Cristina Rodríguez López é investigadora do Instituto Astrofísico de Andalucia-CSIC, e forma parte do equipo que ven de descubrir un planeta en torno a estrela anana vermella Gliese 486, a 26 anos luz da terra. Segundo publican en Science, é posible que o planeta Gliese 486b presente atmosfera e poida ser analizada en breve. [40:03] Borja Tosar preséntanos a Ramón Naves, un astrónomo amador de alto nivel. Profesionalmente é caldeireiro, pero polas noites desenvolve con meticulosidade a súa afección de astrónomo. Desde o faiado da súa casa ten detectado tránsitos de exoplanetas sobre as súas estrelas. Algunhas das dúas observación teñen acabado como contribución en publicación académicas.

Discriminación de nais investigadoras: "Necesitamos unha lei galega" [Versión estendida con De la Fuente e Gago]

por Efervesciencia

[Versión estendida] María de la Fuente dirixe o grupo de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional do IDIS e Alexandra Lago é investigadora do departamento de xeociencias da Universidade de Vigo. María e Alejandra teñen en común que son nais e investigadoras. Aínda hoxe teñen ambas teñen sufrido convocatorias que penalizan o tempo de maternidade nas súas carreiras científicas. Conversamos con elas da man de Joana Magalhaes, a noso colaboradora especialista en muller e ciencia.

A descoñecida orixe da sida: África en 1908 [Historias de virus]

por Efervesciencia

Historias de virus: Habelos hainos. O VIH. Con César Muñoz Fontela. Os primeiro casos da Sida detectáronse en Estados Unidos, o virus identificouse en Francia, pero a verdadeira orixe deste virus está en África a principios do século XX.

Efer 550 (11-3-21): Científica ou nai?

por Efervesciencia

[2:37] Jimena Fernández de la Vega foi unha investigadora pioneira en moitos ámbitos. Foi das primeiras licenciadas da USC, investigadora no estranxeiro e das introductoras da xenética moderna en España. A Real Academia Galega de Ciencias decidiu homenaxear neste 2021 a figura de Jimena. Anxela Bugallo é a biógrafa de Jimena Fernández de la Vega no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega. [18:23] María de la Fuente dirixe o grupo de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional do IDIS e Alexandra Lago é investigadora do departamento de xeociencias da Universidade de Vigo. María e Alejandra teñen en común que son nais e investigadoras. Aínda hoxe teñen ambas teñen sufrido convocatorias que penalizan o tempo de maternidade nas súas carreiras científicas. Conversamos con elas da man de Joana Magalhaes, a noso colaboradora especialista en muller e ciencia. [39:02] Historias de virus: Habelos hainos. O VIH. Con César Muñoz Fontela. Os primeiro casos da Sida detectáronse en Estados Unidos, o virus identificouse en Francia, pero a verdadeira orixe deste virus está en África a principios do século XX.

Efer 549 (4-3-21): Monográfico Perseverance con Fernando Abilleira e Jesús Martínez Frías

por Efervesciencia

Monográfico Perseverance coa colaboración de Borja Tosar. Versión estendida coas entrevistas completas [2:52] Fernando Abilleira é o director de deseño e operación, e subdirector de voo da misión Mars 2020 de Perseverance. Da man deste enxeñeiro do JPL-Nasa de ascendencia galega coñecemos polo miúdo os desafíos técnicos desta misión que vai pescuda indicios de vida pasada no planeta vermello. [33:55] Narración dos 7 minutos de terror da man de Borja Tosar e César Goldi [36:09] Conversamos sobre a xeoloxía e astrobioloxía marciana con Jesús Martínez Frías. Frías é investigador científico do Instituto de Xeociencias IGEO (CSIC-UCM). O seu equipo leva 7 anos traballando en Perseverance.